voltar a táboa

Conxelación e Empaquetado

Os nosos buques dispoñen dos seguintes medios de conxelación.

  1. Túnel (Conxelación por circulación de aire).
  2. O peixe empácase normalmente en bandeixas de aluminio, ou ben empácase nos fondos de caixas, e logo introdúcese nos túneles en bandeixeiros para a súa conxelación. Este proceso dura arredor de 8 horas. Unha vez conxelado o peixe sácase das bandeixas e procédese o seu empaquetado.

  3. Armarios (Conxelación por contacto).
  4. O peixe empácase normalmente en caixas que se introducen en bandeixas de aceiro inox, ou ben empácase directamente nas bandeixas de inox, e logo introdúcese nas placas dos armarios para a súa conxelación. O proceso dura entre 2 e 3 horas. Unha vez conxelado, o peixe sácase das bandeixas e procédese o seu empaquetado.

Os xeitos de empaquetado cos que traballan actualmente os nosos buques son os seguintes.

Código
Nome
Conxelación
Dimensión
Proceso
B/G
Bolsa grande
Túnel
690x390x130mm
O bloque introdúcese únicamente nunha bolsa de polipropileno.
C/G
Caixa grande
Túnel
690x390x130mm
O bloque introdúcese nunha bolsa de polipropileno e nunha caixa con solapas
B/P
Bolsa pequena
Túnel
392x332x130mm
O bloque introdúcese únicamente nunha bolsa de polipropileno
C/P
Caixa pequena
Túnel
392x332x130mm
O bloque introdúcese nunha bolsa de polipropileno e nunha caixa con solapas
T+F
Tapa e fondo
Túnel
Tapa: 650x410x95mm
Fondo: 635x395x95mm
O bloque introdúcese nunha caixa de Fondo e cúbrese con outra caixa de Tapa
A/P
Armario pequeno
Armario
477x242x98mm
470x253x86,5mm
Caixa branca que dependendo do buque ten distintos tamaños. Soe levar uns 10kg
Baul
Baul (6x2Kg)
Armario
Caixa 2Kg: 276x175x66mm
Contedor: 540x280x230mm
As caixas de 2kg conxélanse de 2 en 2, e logo gárdanse de 6 en 6 en contedores de cartón