Presentación

Quen somos
Os nosos valores
Outras empresas

Historia

Inicios
Comunidade de bens
Hermanos Gandón SA

Contacto

Dirección

Salgueirón 9, 36940

Cangas de Morrazo

Pontevedra, España

Teléfono

+34 986 392 020

Fax:

+34 986 392 626

Email

oficina@hermanosgandon.com

Quenes somos

Hermanos Gandón S.A. é unha empresa armadora de buques de pesca cun marcado carácter familiar.

As nosas oficinas están situadas na vila de longa tradición mariñeira de Cangas, localidade que se atopa, a súa vez, na Ría de Vigo, a tan só un par de millas náuticas do seu porto pesqueiro, o máis importante de toda Europa.

Actualmente a nosa frota pesqueira está formada por 4 buques conxeladores:

  1. Ana Gandón ( 58 m - 963 GT - Ano 2001 )
  2. Aldán ( 54 m - 606 GT - Año 1989 )
  3. Esperanza Menduíña ( 77 m - 1866 GT - Ano 1988 )
  4. Hermanos Gandón Cuatro ( 63 m - 1210 GT - Ano 1988 )

Os catro buques dispoñen de cuotas no caladoiro de NAFO (O Canadá).

O Esperanza Menduíña e o Hermanos Gandón Cuatro dispoñen tamén de cuotas no caladoiro de Irminger e Groenlandia (parte este) para a captura de cabra e en augas de NEAFC para a captura de lirio. Estes buques alguns anos dispoñen tamén de cuotas de lirio en augas de Islas Feroe, Noruega, Jan Mayer e Svalbard.

Toda a nosa frota dirixe tamén a súa actividade ao caladoiro de Hatton Bank a especies profundas: talismán, rato, pau, sabre…

Así mesmo o buque Hermanos Gandón Cuatro dispón de cuotas de camarón boreal en NAFO e ademáis alguns anos diríxese a capturarlo ao caladoiro de Svalvard.

Por tanto o resume das nosas principales capturas por caladoiros é:

  1. NAFO (4 a 6 veces ao ano): fletán negro, rato, bertorellas brancas e vermellas, cabra, paltuxa americana... No cal acostumamos facer cos nosos catro buques un total duns 200 días ao ano.
  2. Hatton Bank (4 a 6 veces ao ano) : Talismán, Ratos, Peixe Pau, Gata, Casón, Sabre...
  3. Irminger e Groenlandia: Galineta oceánica.
  4. Islas Feroe, Noruega, Jan Mayer e Svalbard (2 a 4 veces ao ano según disponibilidade de cuotas): Lirio.
  5. NEAFC: Lirio.
  6. NAFO (Según disponibilidade de cuotas): Camarón boreal.
  7. Svalvard (Según disponibilidade de cuotas): Camarón boreal.

Pode atopar información máis polo miúdo sobor especies, embalaxes e tipos de procesado na nosa sección de produtos.