Presentación

Quen somos
Os nosos valores
Outras empresas

Historia

Inicios
Comunidade de bens
Hermanos Gandón SA

Contacto

Dirección

Salgueirón 9, 36940

Cangas de Morrazo

Pontevedra, España

Teléfono

+34 986 392 020

Fax:

+34 986 392 626

Email

oficina@hermanosgandon.com

Hermanos Gandón SA

Trala separación de Wenceslao, o resto de irmáns continúan na empresa con Manuel ao mando, e pasan a chamala a partires dese momento Hermanos Gandón SA, denominación que continúa hoxe en día.

No ano 1987 comézase o buque Esperanza Menduíña, o cal parte por primeira vez ao mar en febreiro de 1988. Dito buque é na actualidade o conxelador máis grande da frota española.

En 1994 cómprase o ex-Areasa Tres, chamado actualmente Hermanos Gandón Cuatro.

En 1997 ten lugar o traslado das nosas oficinas dende Aldán a Cangas do Morrazo, onde se atopan na actualidade.

A finais de 1998 cómprase o ex-Virxen da Saleta Dos, chamado actualmente Aldán, e que representa a última adquisición da nosa compañía.

A finais de octubre de 1999, don Manuel Gandón Menduíña deixou o seu posto de xerente en mans do seu fillo Joaquín Gandón Sotelo, co cal a empresa chega á súa terceira xeneración. Joaquín Gandón xa traballaba na empresa desde finais de 1994, anque a súa relación co mundo da pesca remóntase a 1980.

Nos últimos anos, a nosa empresa buscou fortalecer a súa posición nun sector que está a experimentar importantes cambios, e froito desa determinación é a nosa participación en Fandicosta SA (12.5%) e Ibersea del Atlántico SA (25%).

Actualmente descargamos ao redor de 4.500 Tn. anuais de peixe conxelado da mellor calidade, seleccionado e procesado a bordo por expertos mariñeiros galegos. Estes produtos preséntanse en moi diversas formas co obxeto de cubrir todas as necesidades dos nosos clientes, presentes e potenciais.

Pode atopar información máis polo miudo sobor das embarcaciones mencionadas na nosa sección de buques.