Presentación

Quen somos
Os nosos valores
Outras empresas

Historia

Inicios
Comunidade de bens
Hermanos Gandón SA

Contacto

Dirección

Salgueirón 9, 36940

Cangas de Morrazo

Pontevedra, España

Teléfono

+34 986 392 020

Fax:

+34 986 392 626

Email

oficina@hermanosgandon.com

Inicios

Todo comezou en Aldán en 1914, ano no que don Wenceslao Gandón Casal veu ao mundo nunha familia con tradición mariñeira, xa que o seu pai, Avelino Gandón Juncal, era un pequeno armador da época con duas trainerucas (a Delfina e a Santa Mariña) e un pequeno barco a vapor (o Manolo Gandón).

Don Wesceslao casou no ano 1936 con dona Esperanza Menduíña Gutiérrez e ese mesmo ano pasou a gobernar a Santa Mariña.

No ano 1937 foi chamado a filas e tras un percance cun superior pasa bastante tempo baixo arresto. É no calabozo onde aprende a ler e escribir, así como aritmética, gracias a un mestre que compartía a súa mesma situación.

Unha vez rematado o servicio militar, don Wenceslao regresa no ano 1939. Faenando nas embarcacións do seu pai demostra ser un dos mellores patróns da zona. Alternando tempadas no mar e tempadas en terra, en torno a 1941 acada o título de patrón de pesca.

Despois de traballar en diversas armadoras e de anos de aforro, inicia a súa primeira andadura como armador no ano 1945, asociándose co señor Pérez Pan para consruir o Wenceslao. Esta sociedade dura pouco tempo e o señor Pérez Pan quédase co barco e don Wenceslao cos pertrechos.

Non é ata o 1951 cando don Wenceslao pon as súas ilusións en práctica coa construcción do seu propio buque. A botadura do Morocha supuso a orixe da nosa compañía. Era un cerqueiro de madeira, con 19 metros de eslora e unha caldeira de vapor (anque conservaba unha vela), que se adicou á pesca de sardiña e bonito. Con toda seguridade ningún deles, nin don Wenceslao nin o Morocha, pensaron que aquel era o comezo dunha gran compañía, pero así foi.

Nos anos seguintes, a empresa afronta a construcción de 3 novos buques

  1. En 19?? constrúese o Gandón Menduíña, adicado á pesca en Grand Sole ata a súa venda en 1981.
  2. En 1970 constrúese o Ría de Aldán tamén adicado á pesca en Grand Sole.
  3. En 1973 constrúese o Ana María Gandón, que se convirte no primeiro buque conxelador da compañía.

A partir de 1974, don Wenceslao deixa de faenar e adícase a dirixir a empresa dende terra, ata que finalmente pasa o relevo aos seus fillos en 1980.

Pode atopar información máis polo miudo sobor das embarcaciones mencionadas na nosa sección de buques.