Presentación

Quen somos
Os nosos valores
Outras empresas

Historia

Inicios
Comunidade de bens
Hermanos Gandón SA

Contacto

Dirección

Salgueirón 9, 36940

Cangas de Morrazo

Pontevedra, España

Teléfono

+34 986 392 020

Fax:

+34 986 392 626

Email

oficina@hermanosgandon.com

Carácter familiar

A nosa forza radica na nosa xente. Dende os nosos comezos ata a actualidade, Hermanos Gandón sempre foi unha gran familia, no só polos lazos que unen aos seus socios, senón tamén polo noso compromiso por extender ese carácter familiar a todos os que traballan connosco, ofrecendo apoio e axuda en todo aquelo que nos é posible.

Nun sector caracterizado poa mobilidade laboral, Hermanos Gandón sempre apostou por fidelizar aos seus traballadores, e por iso sentímonos especialmente satisfeitos de que preto do 40% da nosa actual plantilla leva máis de 10 anos traballando connososco.

O resultado é un grupo humano excepcional, formado por profesionais cualificados e experimentados, que supoñen a nosa maior garantía de futuro.

Espíritu emprendedor

Unha das características que sempre definíu á nosa empresa foi o seu carácter emprendedor, tanto no ámbito tecnolóxico coma na busca de novos caladoiros e novas posibilidades de pesca.

Esa busca de novos caladoiros levou consigo a captura de novas especies totalmente descoñecidas e a necesidade de crear mercado para as mesmas.

Así no aspecto tecnolóxico, en 1981 afrontamos o alongamento do buque Ana María Gandón en 4m, o cal supuso un aumento das capacidades tanto de carga como de autonomía sen ningún aumento de costes. Dito alongamento foi un dos primeiros realizados, cando daquela todo o mundo dubidaba de que fose posible realizar este tipo de operacións con éxito.

Seguindo coa filosofía de ter buques polivalentes que puideran adaptarse a calquer tipo de pesquería:

  1. O Ana María Gandón alongouse de novo, 10 metros, en 1986.
  2. O Punta Robaleira alongouse 16,5 metros en 1992.
  3. Por último a finais de 1998 o Aldán alongouse nin máis nin menos que 18 metros.

Sempre que xurdiron problemas nalgún dos caladoiros habituais, a empresa buscou saída en novos caladoiros puoco explotados e coñecidos:

  1. A finais de 1989, cando a frota galega foi expulsada de Namibia, os nosos buques foron dos primeiros en probar sorte no caladoiro de NAFO, e dos primeiros que capturaron o fletán negro, coñecido popularmente como palmeta, cando dita especie era totalmente descoñecida e non tiña ningún valor comercial.
  2. Nese mesmo momento tamén realizamos outra serie de probas con maior ou menor éxito:
    1. O Esperanza Menduíña estivo como buque factoría en augas de Irán, recollendo e conxelando langostino dunha excelente calidade.
    2. O Playa de Mourisca estivo como buque factoría en augas de Groenlandia recollendo e conxelando peixe que capturaban os esquimáis nas súas pequenas canoas.
  3. Posteriormente á guerra do fletán e á reducción de cuotas no caladoiro de NAFO, buscáronse novos caladoiros para cubrir ese vacío. Algúns deles foron o Mar de Barents, Hatton Bank e Irminger, e ao igual que anteriormente os nosos buques foron pioneiros á hora de probar sorte nestas augas.
    1. No Mar de Barens realizouse unha campaña experimental na que tomaron parte varios buques, entre eles o Esperanza Menduíña.
    2. A pesca de cabra en Irminger Sea realízase mediante artes peláxicas, modalidade que ata ese momento ningún buque conxelador español practicaba. Para acceder a dita pesquería era mester unha grande inversión e adaptación. Preparáronse inicialmente tres buques sendo tamén un deles o Esperanza Menduíña.
    3. Hatton Bank tamén representaba un novo caladoiro no cal se descoñecía qué especies se podían capturar. Os nosos buques foron dos primeiros en dito caladoiro traendo do mesmo especies coñecidas inda que non moi extendidas coma o pau, gata e granadero, e especies totalmente novas coma o talismán.
  4. Tamén estivemos en lugares como Nova Zelanda, Mozambique, Angola ou Malvinas buscando licencias de pesca.